martes, 19 de mayo de 2020


Variacións Goldberg, ronsel pan



Non hai significados posíbeis. Derrida. O meu amor non ten explicación. Existe.

Os autores son máis relevantes que os seus propios textos. Biografías. Barthes. Atopar esencias dunha travesía ad infinitum.

Intento nomear as cousas, ao igual que Sartre, con outros nomes e lanzo a espiral da concordia.

“O matrimonio é o comezo da prostitución”. Beauvoir. Reitero a dúbida de volver a verte  na cidade palpitante do DF. A máis poboada. Ti entre 30 millóns.

A  túa voz levaríame por lugares non transitados, improvisación. Unha peza de Coltrane.

Pasaches xunto a min. Rendención. Eu desexaba parar a túa imaxe e habita-la para sempre.

Acharei o ponto equidistante do equilibrio composto de miradas desaparecidas no baleiro dos recordos.

*****

Non hai significados que poidan definir a miña idea sobre ti. Repito. É cuestión de miradas. Inexpresábeis.

Avanzo, nesta cidade que me atravesa e eu transítoa para xustamente, recordar.

Non existe unha resposta. Marchei. Coa choiva.

Quero que me leves lonxe, onde poida respirar o vento do Pacífico. Na praia de Porto  Escondido.

A denotación desta historia? Non hai amor posíbel. A tramas argumentan que nunca nos coñeceremos.

Non puiden reter o momento… non son dona do tempo. E eu avanzo inexorabelmente. Sen saber da revolución cotiá que glorificas.

*****

Alcanzarei un estado de trance no que todo se ritualice. Tamén o amor. E sosterei as flores no altar maior dunha deidade xa morta. E fareiche esta ofrenda.

Falogocentrismo. Reinventemos as palabras. Quitémoslle a súa carga patriarcal.

Se te quero é porque te comprendo. Se te quero é porque me comprendes. Círculos concéntricos.

Natureza.

Epifanía

O culto

Calar. O silenzo era o lugar común. O non-dito recolle a resposta a esta proposta nómada. O meu pensamento muda.

*****

Reifico a existencia. Compoño cancións sobre a vida cotiá. Sardegna.

As palabras. Todo é metáfora. E berro no tempo das convencións. Post-.

Non hai posibilidade de emancipación. Nen de liberdade. A imaxinación erra. Comeza. Outra vez.

Renazo cando comezo a miña revolución, como se estivera en maio do 68. No corazón de París.

Nevaba, en París como cada inverno. D.F. calor e froita. Comparación. Opostos?

Atopei na ENAP unha moeda de 500 pesos. Devaluación. Cando recollía terra no xardín. Instalación. Underground. Raíces colgadas do teito. 3 pantallas e terra no chan.

*****

Por que recordar agora? Para deixar baleiro

Os significados imposíbeis, as confusións… ruído. Fagamos ruído.

A fortuna de poder designificar. Abocar a linguaxe á nada. Que só queden as miradas que poidamos recordar toujour.

Farei con esta historia unas fotos que tamén designifiquen e nas que, como aquí, non pase nada e os mesmo tempo, todo suceda.

Propoño o xogo de elixir 3 palabras sen as que non poderías vivir… “liberté, fraternité, egalité”. Afrancesados. Guerra da independencia. Goya.

Eu chámolle amor pero ti dis que me equivoco… queimar o corazón? Deixarei as cinzas sobre o piano. Compoñerei cancións para honrarte

Para que calar agora?

*****

A imaxe-tempo fai da loita unha composición instantánea. Black block. Alí estarei. Berlín.

A lingua que me desterra faime preparar unha festa. Celebración.

Ritual

Estamos na resistencia. Apoloxía do sagrado.

“I’m so tired”, Fugazi, faime volver a min cando saio de min mesma. Desterritorializar o corpo.

Perdo o fío. Nada máis…

Comezo a escribir de novo. Que fago co meu pensamento?

O encontro é necesario.

O desexo do presente. A alegoría da fuxida. Partir. Para sempre.

Ausencia. Raio verde. Sr chinarro. Unha chamada á acción.

Sofrer. Clamar ao ceo. Suxeito atravesado pola bala. Morrer. Romeo. Xulieta.

*****

E Kurt Ville cantando na praia deserta. Luis. California. Noite de fin de ano. Billetes de dólar.

A presenza corporal inevitábel reinvéntanos no Outro, na diferenza. Nesta alteridade constante facémonos e refacémonos. Unha sinfonía. Hass

Deliro na noite polo desarraigo. Desterro. Ningún outro lugar agás a tensión matemática da memoria. Afogada. Ofelia.

Convóco-te cara a disidencia. Romper con todo. Todo. Todo. Todo. Sedúceme esta idea.

A gravidade do ton da túa voz había de levarme a un dominio onde comezaba a tempestade. “Trois couples en quête d’orages”.

Adorábel… “París está á miña disposición”

*****

Unha visión estética trae consigo unha visión ética, Lenine, pero que son eu  se non te recoñezo?

Metafísica. Kant. Crítica da razón pura. Sociedades híbridas, identidades híbridas.

Para Lacan o patriarcado é unha lei natural. Futuro Primitivo. Zerzan. Os humanos, no pasado,  eran seres libres e iguais.

Cans sós polas rúas

Universo. Caos. Todo. Un desexo único que me achega inexorabelmente a ti. Noméame. Descíframe. Ámame. Pixies.

Os valores ancestrais na festa das montañas, bailando o guaxolote, animal salvaxe domesticado, picante, danza, quixera que estiveras alí. Lévo-te lonxe.

 Saquei o pasaporte. Nada na Coruña en 1980. As miñas pegadas, únicas, valen para darme un permiso de estancia en calquera lugar do mundo. Penso quizáis en visitar a Avish en Calcuta, a Hindol ou estaría ben voar aos USA e ver a Addison. Hoxe levo a súa camisola, animal lover, o meu grupo de hc favorito. Guitarras, piano e moitos berros de raiba xeneracional.

*****

Indiferencia perfecta. Angustia. Horror. Os desastres do século xxi.

“Erwartung”, eu espero-te. E ámo-te nesta espera.

Imaxina que chorei. Imaxina as lágrimas rolando polo meu rostro ata a boca. Salgadas.

Autoficción? Non importa, eu tamén estou aquí.

Amor non-civilizado, por favor. Situacionismo. Eu ámote cunha forza imposíbel

As ruinas deste amor son incontestábeis.

Transpórto-me fóra da linguaxe, onde nada existe. Neant. “Pale blue eyes”

Baker. “Time after time”. Alguén dixo: para sempre

O delirio deste amor fai que escriba sobre a miña vida. “Regarde en arrière”

*****

Estou nun abismo que remata. Lázaro feliz. Inxenuidade.

O corazón é o órgano do desexo.

Comezo a travesía. Desfágome. Rómpo-me. E recompóño-me. Hermeneútica biográfico.

A interpretación imponse. Falo da conciencia da non limitación. Ainda así, a escritura é finita. As múltiples formas pero as combinación esgótanse.

Intención que desvela a contradicción do ser humano. Ethos. Aquí/alá. Dentro/fóra, etc

O que está dentro e o que está fóra do texto.

A música de Ravi Shankar. Arquitectura conceptual trazando os signos dunha descomposición aleatoria. “Da Gramatoloxía”

*****

A verdade só adquire dimensión sistémica cando non é limtada.

As orixes lévanme ao pasado. Burguesía rural. As terras do Porto Exterior foron compradas. Emilia, miña bisavoa. María, miña tataravoa.

Desenmascarar os motivos ocultos. As intención. As relación de valor nun tempo de dominación do home polo home.

Capitalismo

Anarco-capitalismo?

Se en Inmigration feninime magrebinne en France, enjeux de l’émancipation, decía que no mundo occidental as mulleres teñen máis liberdade, asimesmo argumentaba que o capitalismo tamén nos pecha, co traballo asalariado.

*****

 Plusvalía. Marx.

“Le travail rende livre”

Foucault: non hai  nada que interpretar

A diseminación deste texto para darlle sentido, as interpretación quedan á marxe. O motivo: amarte

A alienación do home moderno neste labirinto. Teseo.

“Gleflecht”. Desexo desafíar a esta espera. Homero.

Aporías. Autocontradicción. Retórica. Lóxica.

Unha psicoanálise do texto. Chegar ata as entrañas para desvelar o sentido primixéneo.

Museo Rodin. O pensador.

Que hai fóra do pensamento?

Instinto?

*****

Animais que se curan as feridas. Animais feridos.

En Praga unah nena xitana pediume un cigarrro. Eu ofrecinlel unha mazá e aceptouna máis contenta.

Fame

O terceiro mundo comeza nos suburbios.

Non- extranxeira. Alá onde fun sempre comín como eles, sempre mirei como eles, sempre amei como eles.

Kristeva. Etrangers à nous-mêmes

No aeroporto de Londres. Ese avión. O filme Cuestión. Ken Loach. Metro do d.f….

O discurso é o visíbel. Emile Mâle. As formas plásticas son textos.

Les Printemps. Pièrre Auguste Cot. Museo metropolitano. N.Y.

*****

Rêve général. Un mundo de seres libres e iguais. Elixe. Enjoy!

Heidegger. A filosofía como meditación. Levei o centro do meu pensamento cara o meu corpo. Sentín a respiración entrar e saír lentamente, podía mesmo ve-la. Imaxinaba o oxíxeno como un fluxo de cor, transparente e ao mesmo tempo recitaba un mantra. Apratishita. Liberación do sufrimento.

E que facer ante a dor dos demáis? Sontag

Drama

A idea do bo, do belo.

Relámpagos trazan un círculo de luz sobre o ceo. Medo e beleza. Contradiccións inmanentes.

*****

Pensamento híbrido. A mezquita de Córdoba. Islam. Cristianismo.

Buda ensinou aos seus discípulos o non-apego. Amarse a si mesmos é amar á humanidade.

Formar novos conceptos. Conxuntos teóricos. Ciencias. Autofoudfootage.

Transgresión. Non durmir nuca.

Sheherezade.

O principio relixioso da tradición. Desvincularse do pasado. Nunha contemporaneidade exhausta. Ruptura.

Impose ta chance/serve ton bonheure/va vers ton risque/au te regarder/ils vont te suivre.

É necesario liberarse do autor, da autoría?

Que é unha obra?Traumdeuntung. O meu inconsciente determíname. A biografía determina a escrita, o meu “super Eu” determina os argumentos.

*****

I waited for you, que delirio me fai manterme serena nesta espera?

“Unha muller en loita conta si mesma”. Unha habitación propia.

Distinguir entre o verdadeiro e o falso.

A conexión entre seres.

Se nos amamos vemos o mundo tal cal é. A mirada común, as accións comúns.

África. Fela Kuti. Pobos do mundo unídevos.

Como sobrevivir?

Que desfeita xorde deste encontro?

*****

Os posíbeis como ansia. Deixamos de mitificar as experiencias e exploramos o descoñecido. Sen concesión

Salvaxes.

Derivo cara a idea de afastarme por uns intres do real e entrar na ficción. Ficcións que remiten ós mitos.

Medea.

Non me coñeces […] agora que?. Leigh Gilmore.

Somos suxeitos singulares. Desposesión.

Se nada queda levarei a trama ata un final non sinalado.

*****

As personaxes estaban preparadas para o acto final pero fóra hai vida.

Dramaturxia do absurdo. Nada ten sentido.

Non hai posibilidade de permanencia

Imposibilidade

Morte.

Etiopía. A familia etíope amiga de Le Mans. Construíron un refuxio nos eu salón e masticaban herbas.

Intracomunidades

Multiculturalismo/Integración.

Unha idea de república “ liberté, fraternité, égalité” ( repito)

*****

Un dédalo de linguas que leva a unha incomprensión xeneralizada. Try it again!

Harmonía

Non-inxerencia

Protesta

Acharei un motivo para atoparte non-inerte.

Internacional Situacionista.

Reclamo a non-inercia.

Achar novidades, quéro-te igual

Identifico o entendemento na similitude do verso, nas rosas vermellas, no cauce do río.

Agua. Doce.

******

Premonición. Esta imaxe durará para sempre, gravada na memoria. Si, a túa.

A forma en que nomeamos o mundo, determina-nos. Volver as divindades. Grecia clásica. Eros e Psique.

Quen elixe namorarse de quen? Aleación. Azar. Destino.

Coup de foudre

Entendemento

Campos magnéticos. Breton.

Danzar. Espidos.

Bill Evans

*****

Quito todas as máscaras . Levanto o velo. Os amantes. Magritte.

Defínome e calo. Calo de novo. E escribo. Que especie de confesión é esta?

Retiro as flores do altar. Poño outras novas. Todo acaba. Ti, eterno.

Rossellini. A necesidade. Ser necesarios. A beleza.

Encadre

Ángulo

Expresión obxetivas dun acontecer interior

Cambio as coordenadas para contemplar a inmensidade do océano. A viaxe int/ext.

As formas desta escrita remiten ao ritual. Tapiès.

*****

Wie es eigentlich gewesen

Manipulación. Fakes.

Primeira persoa.

Billie Holiday

Cinema verité

Always. Forever.

Unha festa na que todos bailan: we are your Friends you never walk alone again

Continuar coas palabras para saír de min mesma.

Glándula pineal

*****

Jazz

Hc

Techno. Unha sesión de Boiler room.

Comer noces

Ralentizar.

Vivre sa vie

Viaxe a Nantes. 1994. Camisa branca de sisa e pantalón de tiro alto levi’s. castelos medievais. Imaxino a  vida cortesana. Ser unha raíña.

Bíca-me, por favor. Dame algo máis. “Sempre doces”

Blasting concept. Amarroume o pescozo coas mans.

*****

Portadas de discos: Joya, Knock Knock, Confusion is sex.

O gato Giuseppe. A foto con el. O cabelo curto. Borxa. Jean Seberg. Iowa. Elle est lâche.

Namorar do home equivocado. Homes fatais. Destino fatal.

Convención dos dereitos humanos. Programa de contraintelixencia.

O ciclo de Ozu en Les Cinéastes. Os ritos. Cotiás. O matrimonio. a familia.

Ser feliz é un acto revolucionario? A idea de felicidade está esgotada. Os valores occidentais, a racionalidade, están esgotados. Inventemos novos paradigmas.

Amo a Jean Paul Belmondo. O seu rostro. René.

Alexandre, manceu, quedou co  meu libro favaorito. Nunca máis poderei recupera-lo? Lástima!, estaba adicado polo meu pai, manuel pan.

*****

Sorpréndeme que Hippie sexa un bo relato. Para min o mellor. Abandoar o amor por unha estancia espiritual e mística. Autobiográfico.

Estiven en Amsterdam un verán. Traballaba nun restaurante grego. O xefe rompía cada noite algo da vaixela. Situado na plaza Dam, para chegar  cruzaba o río Amstel en bici.

O xardín do recoñecemento. Novaris.

Inventar o plural. Only remenber. Beging.

A materia humana. Nesta batalla colocarei a espada sobre os teus ombreiros, raíña.

O reino de Galiza. Os señores feudais, a abolición dos foros. Non-asoballamento. Dignidade.

*****

Martin Luther King. Mususlmán.

Atravesado por dúas secuencias identitarias.

Negritude.

O portugués nos países lusófonos. Negritude. Virtus Unita Fortior.

Antonio Emilio Leite Couto.

Maputo

Silenzo

Violencia

You are the one.

*****

Harvard. Martin Puchner. Meu Mestre.

Salman Rushdie.

Cosmopolitismo. O local e o universal entrelazados.

Inmigrantes ilegais. Harga.

Música experimental. B.S.O de Primitivos Abstracto. Eu coa guitarra.

Son unha sin fogar. Julie Doiron. Perdino todo. Áma-me ben.

DIY faino ti!... punk

Sonic Youth

“Os que ainda me queiran, perdoádeme”

Unha revelación. Fatua.

Individuos/ Comunidades

Singular/plural

*****

Eu/Nós

A onde imos?

Siniestro Total

Un caso excepcional de memoria. Lembrar o útero materno.

Sabes que te bicarei. Non teño anda que perder.

Vou ser máis constante. O pai de miña nai, xosefa Vázquez, traballou toda a súa vida no Real Club Naútico de A Coruña. Un xefe.

Ser máis constante.

Ter-te para toda a vida. Eu sería a persoa máis feliz.

i need more. Je veux voir tes yeux quand ils me regardent.

Terremoto Si.

*****

Rutas metabólicas

Cambios

Escribo e sigo amándote. Pour toujours.

Na illa de Creta existía unha especie de elefantes. Ser como eles, ter unha soa parella. Retrógrado?

Os valores.

Cambios.

Quenes somos?

Julián Hernandez

*****

Compasión

Palestina.

Frontes pola liberación

EZLN. Vin ao subcomendante marcos no 1º de maio, cun séquito de campesinos con fouces, rodeándoo, desde a embaixada de USA ata o Zócalo.

A espera por el na praza. V.M.M. Un puzle sen armar. “ A todas as antifascistas”

Margarita Ledo deume aulas no curso de Cine de autor. Regaloume un dvd con India song.

1975

Delphine Seyrig

Aventuras amorosas. India. Diplomacia.

A fidelidade

As promesas

*****

Reivindicación/conformismo

A oliva foi podada. Agora medrará con máis forza

Amputación

Hiroshima

Resnais

As estatuas tamén morren

As fotos de Venezia con Vítor Vasques no café da praza de Lugo cando estaba inundada

Auga

Meu avó ensinoume a nadar

Fragmentación.

A plasticidade posta ao servizo da sublimación. A escrita posta ao servizo da sublimación.

Queremos comprender saltando un abismo e perdémonos en utopías que só queren facer de nós seres con ideais negados

A práctica diferenciada da acción. Fenómenos a longo prazo. Corredor de fondo.

Os sutras. Ensinanzas de Buda.

O Sutra do diamante. Unha tatuaxe dun diamante.

Unha tatuaxe dun triángulo cun círculo dentro

Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Onu. 217-A. Paris.

Café noir

Florecerá a cereixeira.

O xardín do Institut d’Études Politiques, Paris. Variacións Goldberg.

Je t’aime d’un amour imcompréhensible


























No hay comentarios:

Publicar un comentario